BOIRO ABERTO CELEBRA ESTE SÁBADO 14 DE NOVEMBRO A 7ª NOITE ABERTA
O presidente da A.B.E., Óscar España e o alcalde de Boiro, Juán José Dieste presentaron na sede da A.B.E. a que será a 7ª edición da Noite de Boiro que terá lugar este sábado 14 de novembro.
O presidente destacou que este será o primeiro evento organizado pola ABE tras recibir o centro comercial aberto de Boiro a mención especial nos premios nacionais de comercio 2015 outorgados polo Ministerio de Economía e industria e que son o máximo galardón nacional en materia de comercio.
Nesta edición da N.A. participarán preto de 40 comercios que abrirán ata as 24 horas da noite e TODOS realizarán descontos durante todo o día de entre o 20 % e o 50 %.
Ademais a A.B.E. realizará un sorteo dun premio de 100 € entre todas as compras do día e terán lugar actividades especiais nos comercios e nas rúas de Boiro durante toda a xornada da festa do comercio de Boiro.
Bases sorteo
Cabe destacar que grazas á colaboración do concello, este día inaugurarase a iluminación de Nadal, polo que os clientes, veciños e visitantes poderán desfrutar dunha xornada de compras e ocio pola vila boirense coa iluminación de Nadal acendida.
Actividades nos comercios
En todos os comercion teremos actividades especias, sirvan como exemplo as seguintes:
- Animación musical con Djs.
- Photocall con premios.
- Degustación de castañas, cocteles, doces, embutidos, pasteis e pinchos variados.
- Regalos directos por compras
- Talleres infantís de maquillaxe, globoflexia
- Photocall con personaxes animados
- Xornada de repostería con degustacións e sorteos
- Bolsas de chuches para os cativos
- Sorteos variados (Xoguetes, vales de compra, pizzas, electrodomésticos..)
- Arbore dos desexos con agasallos
- Chocolate quente con churros
Folleto de ofertas completo
Actividades nas rúas de Boiro
10:00 Mercado ecolóxico na praza do centro social con animación teatral na rúa.
10:30 - 13:30 Obradoiro de galletas terroríficas para nenos +5 anos no centro social.
12:00 Descubrindo as emocións; contacontos en familia na casa da cultura.
21:00 Teatro, a compañía Badius presenta FRANKENSTEIN na casa da cultura.
21:00 – 23:30 Baile e música tradicional nas rúas de Boiro.